
“É a memoria viva da nosa Valdeorras e do noso Barco e non dubido que saberá facer unha semblanza fiel e emotiva das nosas celebracións”. Con estas palabras anunciaba o párroco do Barco, Jesús Álvarez, ao pregoeiro da Semana Santa 2026, o presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses, Aurelio Blanco Trincado.
El dará o pistoletazo de saída a unha Semana Santa “anclada no pasado e que se abre a novos aires, formas e expresións do noso presente”, di o sacerdote avanzando o programa de actos litúrxicos e cultos que manterá a mesma liña do ano pasado.
O pregón será o sábado 28 de marzo ás 19 horas na Igrexa de San Mauro.
