ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O Concello de Viana do Bolo prohíbe “temporalmente o tránsito pola Ponte de Umoso”

Concello de Viana do Bolo.

 

O Concello de Viana do Bolo vén de emitir un bando para informar de que “por recomendación técnica, prohíbese temporalmente o tránsito pola Ponte de Umoso debido á necesidade de garantir a seguridade das persoas usuarias”.

Así pois, ata novo aviso, “queda restrinxido o paso de peóns e vehículos” por dita infraestrutura “mentres se realizan as avaliacións e actuacións necesarias”, aseguran dende o Concello pregando á veciñanza que respecte a prohibición e utilice rutas alternativas, agradecendo a colaboración de toda a cidadanía.

Back to top button