ConcellosÚltima hora

Castro Caldelas entrega o IV Premio da Muller Caldelá a Pepita Carballo, “unha das mulleres pioneiras” neste concello

O acto tiña lugar na conmemoración do 8M

 

Castro Caldelas celebraba o Día da Muller “reivindicando e conmemorando a loita histórica das mulleres pola igualdade dos dereitos, o recoñecemento da súa contribución á sociedade e a eliminación da discriminación e violencia de xénero”, coa lectura por parte das mulleres e homes traballadores do Concello dun manifesto de intencións ao finalización do acto.

A alcaldesa, Sara Inés Vega, deu as grazas ás mulleres da Asociación de Xubilados polo “fermoso traballo feito en gancho que pendura da fachada do Concello e que está formado por centos de flores donde cada unha lembra a vida dunha das mulleres que perderon a vida por violencia de xénero ou violencia vicaria”. Este traballo “únese a todos os que se levan feito e se continuarán a realizar para engalanar as rúas, prazas, Castelo, igrexas,… en momentos singulares”, di Vega, asegurando que “isto fai que Castro Caldelas ademáis de ser o berce do galego sexa o berce da decoración a gancho recuperada dende hai 3 anos”.

 

 

Con todo, o momento máis emotivo do acto era a entrega á señora Pepita Carballo do IV Premio da Muller Caldelá. “Pepita é unha das mulleres pioneiras en Castro Caldelas. Con 94 anos foi unha das primeiras en conducir un coche, creou e estivoá fronte dunha ferretería e depósito-despacho de gas, un negocio fortemente masculinizado que a día de hoxe segue activo e moi ampliado polo seu fillo e neto. Pero ademáis foi e é unha muller de fortes inquedanzas e convicións, creando a primeira Asociación de Xubilados de Castro Caldelas, sendo un fortísimo aliciente e impulsora para acadar unha calidade de vida e forte actividade das mulleres e dos seus tempos de ocio”, asegura orgullosa a alcaldesa, destacando que a día de hoxe segue activa conduce.

“Como alcaldesa declaro a miña admiración e respeto por esta muller forte e disciplinada, cariñosa e colaboradora que personalmente sempre foi de gran axuda en todos os anos que como concelleira tratei con ela na creación e actividades da Asociación. Unha muller leal e encantadora coa que foi un verdadeiro pracer traballar”, conclúe.

Ao finalizar o acto os asistentes recibían unha carteira de colgar para móvil e efectos persoais e un tarxeteiro de móbil, cós logos do Concello e a loita do 8M.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button