EconomíaEconomíaÚltima hora

A Asociación de Empresarios do Parque Industrial A Raña e ABANCA asinan un acordo de colaboración para impulsar aos negocios asociados

Sinatura do convenio no Barco./ Foto cedida.

 

A Asociación de Empresarios do Parque Industrial A Raña e ABANCA veñen de asinar un acordo de colaboración co cal a entidade bancaria “reforza o seu compromiso co tecido industrial da comarca de Valdeorras, de grande relevancia na provincia ourensa”, aseguran dende a asociación.

O acordo era asinado no Barco de Valdeorras pola directora de zona de Ourense leste, María José López, o presidente da Asociación de Empresarios do Parque Industrial A Raña, Álvaro Blanco e o Tesourero, Juan Martiñez. “A firma serviu tamén como punto de encontro entre ambas partes, xa que os representantes conversaron sobre a situación actual do sector industrial na provincia e acordaron manter o contacto e unha coordinación conxunta para abordar posibles necesidades ou retos do futuro”.

Tal como explican dende a Asociación de Empresarios do Parque Industrial A Raña, o convenio estipula unha serie de produtos financeiros, como “os préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario e diferentes solucións para facer fronte ás necesidades diarias do empresariado, como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, confirming ou avais”. As persoas asociadas “tamén terán acceso ao Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pago dos servizos bancarios máis habituais”, engaden.

No documento establécese ademais “o acceso a servizos bancarios dixitais, como a banca electrónica, ou vantaxes na contratación de terminais de punto de venda (TPVs), tanto físicos, como virtuais”. Con todo, o Plan ABANCA Emprendedores e Profesionais “é un dos puntos máis relevantes da colaboración, xa que se trata do primeiro plan de emprego simplificado (PPES) dirixido a persoas traballadoras autónomas: unha solución sinxela e flexible, pensada para complementar a xubilación do colectivo e que permite xerar un maior aforro que os plans de pensións individuais”, aseguran dende a asociación.

Back to top button