DeportesÚltima hora

Máis de 50 actividades de diferentes disciplinas, no programa deportivo do Concello do Barco neste 2026

 

Ao longo deste ano o Concello do Barco de Valdeorras levará a cabo máis de 50 actividades deportivas de diferentes disciplinas. Atletismo, tenis, vólei, fútbol, fútbol sala, piragüismo, baloncesto, ximnasia rítmica,… son algúns dos deportes que se inclúen na programación.

Trátase dun “programa moi completo que se prolonga hasta finais de ano e que é resultado dun importante esforzo do Concello nesta materia”, aseguran, destacando que ademáis das actividades nas que o Concello ten implicación directa, “hai moitas outras organizadas polos clubs existentes no municipio e que sempre contan co apoio municipal”.

Os folletos editados con toda a información deportiva do ano (no que falta o torneo de baloncesto 3×3 que se celebrará o 5 de setembro ), estarán a disposición da cidadanía a partir de mañá en dependencias municipais, establecementos comerciais e centro de ensino. “Tamén pode consultarse no totem ubicado na praza Andrés de Prada”, avanzan.

Programación deportiva 2026

Back to top button