CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Un grupo de valdeorreses viaxa a Madrid para ver “Houdini, un musical mágico”, co actor Christian Escuredo

 

Un grupo de valdeorreses desprazábase neste sábado 14 de marzo ata Madrid para asistir, no Teatro Calderón, á obra “Houdini, un musical mágico”, no que o barquense Christian Escuredo ten un papel destacado. A viaxe estaba organizada pola Concellería de Cultura do Concello do Barco.

O espectáculo estreouse a finais do ano pasado, e combina números de maxia de gran formato coa historia persoal do ilusionista Harry Houdini. A produción está dirixida por Federico Bellone.

 

 

No elenco principal destacan Pablo Puyol como Harry Houdini, Julia Möller no papel de Bess Houdini e Christian Escuredo como Theo, irmán de Houdini. Escuredo é polo tanto unha parte fundamental do elenco. O actor barquense conta cunha traxectoria consolidada en musicais como “Priscilla, reina do deserto“, “33, o musical e “El Novio de España.

Fotos cedidas.

Back to top button