
Nova saída para o Orfeón Trivés, desta volta ata Santiago de Compostela. Este venres 20 de marzo, o coro dirixido por Sandra González participará no Encontro Coral de Música Sacra, que organiza o Obradoiro de Voces Libredón coa colaboración da Parroquia de San Fernando, e no que tamén actuará a Coral Helios de Bembrive-Vigo.
O concerto comezará ás 20 horas na Igrexa de San Fernando e o Orfeón interpretará catro temas: O Sacrum Convivium (Luigi Molfino); Ubi Caritas (Ola Gjeilo); Adiemus (Karl Jenkins); e Kyrie (Piort Janczak).
