Con motivo do Día do Pai, a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco pon novamente en marcha a iniciativa coa que busca celebrar a figura paterna e a importancia dos lazos familiares. “A través desta campaña, queremos fomentar as compras polo comercio local”, explican dende o CCA, e para iso, na mañá deste mércores 18 de marzo entregan un agasallo no stand do CCA ubicado na praza do Concello ata as 13:30 horas.

Para conseguir o agasallo, é obrigatorio presentar un tícket de compra mínima de 5€ dalgún establecemento asociado ao CCA O Barco, con data de hoxe. Os tíckets de compra deposítanse nunha urna para participar nun sorteo de diferentes vales e agasallos, para investir nos establecementos asociados.
Entre os agasallos hai boldas, bolígrafos e imáns. O sorteo realizarase na propia Praza do Concello o rematar a campaña.

Fotos: Mónica G. Bellver.