CulturaCulturaÚltima hora

Abre as súas portas en Ourense “Marzo todo o ano”, cun cadro da barquense Lola Doporto

 

Na Sala Valente da cidade de Ourense xa pode visitarse a exposición “Marzo todo o ano”, organizada polo Concello dentro da programación de actividades de celebración do 8M, Día Internacional da Muller 2026. A mostra, na súa segunda edición, reúne obras de 25 artistas plásticas ourensás, coa colaboración da comisaria e consultora de arte Olga Pastor Alvarado.

Entre as participantes está a pintora barquense Lola Doporto. Tamén amosan as súas obras Ana Navas López, Cristina Roo, De Padua, Ana Fernández, Carmucha Vázquez, Olga Reinoso, Elena Guevara, Mayte Diz, Ana Ferreiro, Isabell Seidel, Tareixa Taboada, Ehlaba Carballo, María Puertas, Sula Repani, Alba Fernández, Gill Bird, Susi Ballester, Laura Paz Somoza, Inma Solleiro, Lola Veiras, M. Manxela, Mª Victoria Berjano Cid, Anxos do Souto e Ofelia Cardo. A mostra conta con códigos QR para que o público poida coñecer máis información e a traxectoria de cada unha das artistas.

A exposición poderase visitar ata finais do mes de maio no espazo municipal da rúa do Paseo, de martes a sábados, de 11.00 h a 13.30 h e de 18.30 h a 21.30 h, e os domingos de 11.00 h a 13.30 h.

 

Back to top button