No marco do proxecto “Zarpas” os Ecovixiantes de Franciscano de Ourense realizan unha actividade de benestar animal coa profesora Cristina Bravo.
Reutilizando roupa vella, camisetas, calcetíns e pantalóns, e con botellas de plástico de auga, fabrican xoguetes e entretementos que máis tarde levarán a Progape en Vilar de Astrés. “Ademais dos xornais vellos, pensamos no benestar animal e nas 3Rs”, destacan dende o centro escolar.

Fotos cedidas.