
Preto de mil persoas que forman parte de medio cento de festas de inverno con máscaras percorerán a partir das 17h. desta tarde as rúas vianesas no desfile do XI Festival Internacional ViBoMask Mascarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. O punto de partida será O Toural e rematará na zona da praza Maior da vila.
Poderán verse singulares e interesantes celebracións do ciclo do inverno de diferentes puntos da comunidade autónoma galega (con especial protagonismo dos Entroidos da provincia de Ourense), así como doutras veciñas como Asturias, Cantabria e Castela e León e doutras como Castela-A Mancha, Estremadura e País Vasco. A representación internacional nesta edición virá da man de Portugal con ata cinco celebracións chegadas dende Bragança, Viana do Castelo e Viseu.
As mascaradas participantes na ViBoMask son as seguintes:
ESPAÑA
A CORUÑA
Entroido de Samede (San Mamede, Paderne)
Xenerais da Ulla (Concellos da comarca da Ulla)
LUGO
Entroido Ribeirao (Santiago de Arriba, Chantada)
Oso, criados, madamas e danzantes (Salcedo, Pobra do Brollón)
OURENSE
Bonitas (Sande, Cartelle)
Cabreiros (Muíños)
Cigarróns (Verín)
Entrudio da Veiga: charrelos, zamarreiro, home de Prada,
vellas, boi e a morte de Valdin
Felos (Maceda)
Felos e madamas (Esgos)
Follateiros (Lobios)
Fulión e mázcaras de Buxán (Buxón, O Bolo) Fulión e mázcaras da Mourela pra acá (aldeos de Manzonada) Fulión, boteiros e mula de Viana do Bolo (Viana do Bolo) Fulión e boteiros de Vilariño de Conso e aldeas (Vilorito de Conso):
Galos (San Pedro da Mezquita, A Merca) Labardeiros e señoritas (Mugares, Toén)
Madamitas e madamitos (Entrimo) Mázcaras (A Xironda, Cualedro)
Pantallas (Xinzo de Limia)
Peliqueiros, parranfóns e vaca do entruido (Campobecerros, Castrela do Val)
Toro e xigante (Celavente, O Bolo)
Troteiros (Bande)
Vellarróns (Riós)
PONTEVEDRA
Currumiños (Mos)
Madamas e galáns (Cobres, Vilaboa)
Merdeiros (Vigo)
ASTURIAS
Sidros y Comedies (Valdesoto)
CANTABRIA
Zamarrones de Los Carabeos (Valdeprado del Río)
CASTELA E LEÓN
Atenazador (San Vicente de la Cabeza, Zamora)
La Obisparra (Pobladura de Aliste, Zamora)
Mázcaras e madamas (Pombriego, León)
Toros y guirrios (Velilla de la Reina, León)
Zangarrón (Montamarta, Zamora)
Zarramaches (Casavieja, Avila)
CASTELA – A MANCHA
Diablos e mascaritas (Luzón, Guadalaxara)
ESTREMADURA
Carantoñas (Acehúche, Cáceres)
Jarramplas (Piornal, Cáceres)
PAÍS VASCO
Carnaval de Abanto (Abanto, Biscaia)
Joaldunak (Ortuella, Biscaia)
PORTUGAL
BRAGANÇA
Bielha, bailador e bailadeira (Vila Chã de Braciosa, Miranda do Douro)
Caretos de Arcas (Arcas, Macedo de Cavaleiros) Caretos de Parada (Parada de Infanções, Braganza)
VIANA DO CASTELO
Farrangalheiros (Castro Laboreiro, Melgaço)
VISEU
Caretos (Lazarim, Lamego)