
A Asociación de Música Alternativa de Valdeorras, AMAVA, continúa cun apretado programa de actividades para socios e público en xeral.
Dado o éxito das anteriores, teñen programada unha nova clase de batería con Fabio VZ Drummer para o domingo 29 de marzo a partir das 10 horas no local de ensaio, en Calabagueiros (O Barco). Será a cuarta xa, da man do mestre ponferradino para “aprender ou mellorar a técnica”, coma sempre con prazas limitadas. Son clases divididas por nivel de coñecemento sendo necesario reservar praza con antelación.

Uns días antes, o xoves 26 de marzo terán un concerto acústico na Cova da Capitana, no Barco de Valdeorras, a partir das 20 horas, convidando a participar a todo aquel que se anime.
E xa para o mes de abril, en plena Semana Santa, organizaron unha Noite de micro aberto no Barbudos do Barco a partir das 23 horas; e unha nova jam session no Esconditte Inglés da Rúa coa que darán a benvida á primavera.
