ConcellosO BarcoÚltima hora

A paella solidaria de Manos Unidas do Barco, reúne a unhas 250 persoas

 

Un ano máis a delegación barquense de Manos Unidas celebra o xantar da campaña contra a fame en países con grandes necesidades. Nesta ocasión trátase dunha paella solidaria que no mediodía deste domingo 22 de marzo reunía a unhas 250 persoas no pavillón vello do Barco de Valdeorras, para axudar no proxecto “promoción do acceso a educación de calidade a xoves e promoción feminina Sam Sam” en Senegal (África).

Ademais da paella, os asistentes degustaron diferentes aperitivos, tortilla de patacas e doces caseiros; participando coa entrada no sorteo de numerosos agasallos donados por empresas valdeorresas que colaboran coa causa.

 

 

De feito, dende a organización amosan a súa satifacción pola boa acollida da iniciativa, tanto pola xente que colabora coa entrada como coa que o fixo cos agasallos, adiantando que se queda alguén sen nomear da lista que se publica a continuación, poden poñerse en contacto coa parroquia para que os engadan.

Entre os asistentes, ademais do párroco do Barco, Jesúa Álvarez, que daba a benvida aos asistentes, había tamén sacerdotes e veciños doutras parroquias como Rubiá ou Sobradelo que teñen os seus propios xantares solidarios; e tamén da Rúa, que moi probablemente se una este ano, cun xantar en maio tal como avanza o párroco, Daniel Pérez.

 

 

COLABORADORES COA PAELLA SOLIDARIA DE MANOS UNIDAS, O BARCO 22 DE MARZO DE 2026

SUPERMERCADOS: Gadis, Eroski, Froiz, Familia, Covirán Viloira, Corzo

VIÑO: Dominio de Tares

ENTRADAS E RIFAS: Brasería Guigurri

PAN: Santigoso e Las Huertas

OUTRAS DONACIÓNS E AGASALLOS PARA O SORTEO:

Flores Esnat, Pelo Pico Planta, Plantoval, Terán, Almacenes Pote, Agro viloira, Más y más plantas / Farmacias: Fernández, Maracucha, Malecón, Nieves, Viloira / Opticas: Döce, Ana, Jaled / Peluquerias: Rosi, Susana, Socorro Nuñez, Dalia, Bicos, Kris, Siempre Sol/ Joyerias: Victor, Mary Anta, Miguel Anta / Bares -Rest: San Mauro, Trece Catorce, Break and Bread, Makoki, Gato Negro, Chevalier, Angel Viloira, Maltería, Fernando III, Veira Sil, La Fábrica, El Dorado, Lisboa / Electrod: Eurotec, Vedo, Ganu / Ferr.Moncho, Ferr. Pereira / Garcia Marcos, Carn. Lupe, Pascua |/ Coren Grill / Pastelerias: A casiña, Vidilla / A Horta de Fina y Mar / Mercerías y tiendas de ropa: Taller de Bordados, Lo de María, Eva, Daín, Trios, Eneska, TriSport, Suá, Miranda, Rosendo, Carmiña, Pili, Glory, Montglam, Can Can, O Bambán dos Sorisos, Pizpireta, Décimas, Sastr. Fernández / Ton y Son / Herb.El Olivo / Librería Yoli / Caprichos / De la Puente / Pamen / Lorelay / Esencia Árabe / D’Chus / Dejavu / Kioscos Malecón / Mónica Taichí / Zapatería A&N / Abel Blanco / Artebric / Adm. de loterias / Licores Paniagua de Carballiño.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button