Custoulles entrar no xogo, de feito a primeira parte remataba co macador a ceros, pero tralo paso polo vestiario o CD Barco daba a súa mellor imaxe diante dunha gran afección que na tarde deste domingo 22 de marzo enchían o campo municipal de Calabagueiros para ver o derbi provincial ante a UD Barbadás.

Así, mentres os nenos convidados polo Centro de Deportes Barco xogaban nos castelos inchábeis xigantes, os de Agustín Ruíz saltaban ao terreo de xogo dispostos a sumar tres puntos máis para selar a permanencia na Terceira Federación. Con todo, non sería ata o minuto 64 cando Ariel poñía o 1-0, sentenciando o partido o gol de Brian Castro, xa no tempo de desconto. Co 2-0 os vermellos suman a terceira vitoria consecutiva con 38 puntos, a un paso dos postos de promoción.

Fotos: Mónica G. Bellver