DeportesÚltima hora

O Barco acollía a primeira xornada das III Ourense Series Provinciais de Atletismo

 

As pistas barquense de atletismo Luis Nogueira acollían na tarde do 21 de marzo a primeira xornada das III Ourense Series Provinciais de Atletismo. Entre os atletas que tomaban parte no seu programa deportivo estaba o veterano Paco Bao (Adas Cupa do Barco), quen quedaba segundo na disciplina de xavelina (500 gramos), na que se impoñía o seu compañeiro de club, Aser Guntiñas cun rexistro de 27.37, que era ademais marca mínima persoal. Pola súa banda, Bao lanzaba a xavelina a unha distancia de 14.01 m.

Foto cedida.

Back to top button