A RúaConcellosÚltima hora

Stand informativo sobre a violencia sexual, na praza do Concelllo da Rúa

 

Chega á Rúa “Agresión Off, eu digo non á violencia sexual” unha iniciativa para informar sobre a violencia sexual e sobre as distintas formas de violencia contra as mulleres, así como sobre os diferentes recursos, servizos e programas en materia de prevención e loita contra a violencia de xénero.

O stand no que se levarán a cabo diferentes actividades e xogos (dende a Oca para chan ou o termómetro ata unha ruleta con “roles tradicionalmente considerados románticos” ata o Jenga (con bloques de madeira xigantes), está instalado na praza do Concello ata as 13:30 horas con dúas monitoras.

Trátade  dunha campaña da Xunta de Galicia enfocada na sensibilización, prevención e formación contra a violencia sexual, con especial atención aos xoves así como a detección de micromachismos que forma parte da programación do Concello da Rúa polo Día Internacional da Muller.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button