CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O acústico de AMAVA na Cova da Capitana, no Barco

 

Non sempre se pode facer un despregamento de medios como gusta tanto a intérpretes como a público porque o espazo non o permite pero o que si se pode é interpretar en acústico, íntimo, desde moi dentro e moi preto da xente. Así o facían os músicos de AMAVA que na tarde do xoves daban concerto moi especial na Cova da Capitana, no Barco de Valdeorras.

 

 

“Sen dúbida séntese con outra intensidade e así o puidemos apreciar onte na Capitana onde sacamos parte do noso repertorio así sen volume de equipo pero con moito volume emocional tanto dos músicos como do numeroso público que os arroupou e que desfrutaron nun horario pouco habitual pero lóxico ao tratarse dun día de semana de 8 a 10”, din dende a Asociación de Música Alternativa de Valdeorras que aplaude e apoiamos este tipo de iniciativas “que pode desfrutar público de todas as idades porque os nenos tamén deben apreciar a música en directo, nun futuro eles poden estar deleitándonos”.

 

 

Aseguran que os que tocan un instrumento saben que teñen un tesouro e por iso queren compartilo sempre que poden para que se “desfrute polo maior número de xente posible e se hai nenos, como onte, mellor aínda. Igual que tomamos exemplo doutros costumes europeos nesta de tocar tanto en espazos de lecer como na vía pública aínda debemos avanzar bastante polo que animamos a que se faga con máis frecuencia . Pola nosa banda trataremos de achegar o noso granito de area para que a música viva sexa parte da nosa vida, polo menos en Valdeorras”, conclúen, agardando pola seguinte.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

 

Back to top button