O panel da cata oficial da XLVI Feira do Viño de Amandi, formado por oito catadores e catadoras, reuníase esta mañá no Hotel Pazo de Sober. Nesta sesión catábanse 72 referencias nas cinco categorías que levan premio neste concurso: rosado xove, branco xove, tinto xove (3 gañadores), barrica e outras anadas.
A cata estivo organizada por Vinosacra. Os viños gañadores daranse a coñecer mañá domingo, tras o pregón da feira.
No que vai de xornada, no marco desta mostra vitivinícola actuaban tamén a Banda de Música de Sober, cun concerto para o público asistente, e o grupo de música tradicional Mallou, a través do programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
