ConcellosLaroucoÚltima hora

Turismo de Galicia indica que a rehabilitación dunha cova en Seadur (Larouco) fíxose con fondos europeos

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras a visita do subdelegado do Goberno en Ourense onte á cova rehabilitada en Seadur (Larouco), dende Turismo de Galicia vén de emitirse un comunicado no que se matiza que esta obra rehabilitación está “financiada con fondos europeos canalizados cara entidades do territorio a través da Comunidade Autónoma, neste caso, de Turismo de Galicia, que se encargou de asinar convenios de colaboración coas entidades e concellos beneficiadas das actuacións incluídas nos proxectos apoiados pola Unión Europea”.

Así mesmo, Turismo de Galicia indica que, “asinados estes acordos, a Xunta adiantou os fondos para que as accións se puidesen levar a cabo e unha vez finalizadas, encárgase de supervisar a execución e xustificación dos fondos procedentes da Unión Europea. Dito prazo de xustificación remata en xuño de 2026. Neste contexto, a Xunta leva a cabo esta supervisión a través dunha comisión de seguimento entre representantes da Administración autonómica e as entidades locais beneficiadas”.

En concreto, continúa esta entidade, a rehabilitación da cova de Seadur “é unha das máis de 13 accións incluídas no Plan de Sostibilidade Turística Valdeorras, ruta do viño milenaria, que beneficia tamén aos concellos de O Barco de Valdeorras, A Rúa, A Veiga, O Bolo, Petín, Vilamartín, Rubiá, Larouco, Carballeda. O importe de dito PSTD ascende a 1,5M€ no seu conxunto. O PSTD de Valdeorras está, á súa vez, dentro do Plan territorial de sostenibilidade turística de Enogastronomía de Galicia (34M€), deseñado pola Xunta de Galicia, que ten 11 PSTDs (un deles o de Valdeorras, Ruta do Viño Milenaria, por 1,5M€)”.

Back to top button