OurenseÚltima hora

Falece un motorista nunha saída de vía en Riós

Cedida.

 

Arredor das 20:15h. deste domingo 29 de marzo producíase un accidente de tráfico no punto quilométrico 0.5 da estrada OU-P-0000 (As Ferreiras-Romariz), sentido crecente, no termo municipal de Riós. Unha moto saíase da vía pola marxe dereita e chocaba contra unha bionda. O seu condutor, de 48 anos, resultaba falecido, segundo informa a Garda Civil.

Ata lugar desprazábanse efectivos do Destacamento de Tráfico de Verín, do Equipo de Investigación de Sinistros (EIS) de Ourense e o xefe da UNIS, que se fixeron cargo das dilixencias para esclarecer as circunstancias do suceso. Tamén acudían dúas ambulancias do 061-Urxencias Sanitarias.

Back to top button