
Novo podio para o piloto barquense Jorge Paradelo na Liga Galega da Moto de Campo. Tras vencer por parellas xunto a Senén Cortizo na proba de resistencia celebrada a finais de febreiro en Sarria, era segundo no Enduro de Pantón celebrado o domingo 29 de marzo.
Na proba lucense, valedoira para a Liga de Moto Café Candelas, participaron uns 120 pilotos cunha ducia na categoría elite na que compite Paradelo, dos que a metade participaron no nacional estando entre os 20 mellores o que lle deu caché e nivel á carreira.
De feito, Jorge subía ao segundo chanzo do podio malia estar aínda adaptándose ao cambio de moto de 4 a 2 tempos, facendo unha excelente carreira.