Hai tradicións e costumes rurais que por sorte perduran no tempo, pasando de pais a fillos. Unha delas é a que manteñen na familia dos Carecas en Éntoma (O Barco de Valdeorras) facendo o pan caseiro no seu forno tradicional de leña.


Adoitan facer fornada cada mes e na xornada do martes 30 de marzo Elisa e Merche cocían unha manchea de fogazas, roscas e tamén espectaculares bolos preñados (con chourizos asados tamén no forno) que comparten coa familia.
Fotos cedidas.