CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os colexios de Valdeorras e Trives comprométense co autismo

O alumnado dos centros de ensino fotografábase formando un símbolo do infinito, que representa a neurodiversidade

 

Dentro dos programa promovido pola Asociación de Asperger e Trastornos do Espectro Autista de Valdeorras (ASTEAVAL) para conmemorar o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo 2026 figuraban unhas actividades desenvolvidas en colaboración cos centros de ensino de Valdeorras e Trives baixo o lema “Os coles de Valdeorras co Autismo”.

 

 

Trátase, en palabras da asociación, dunha “das accións máis innovadoras de ASTEAVAL” e nela os colexios eran convidados a participar nunha iniciativa creativa: a formación dun símbolo do infinito (representativo da neurodiversidade) composto polo propio alumnado e profesorado.

As imaxes destas formacións, que poden verse nesta galería de fotos, forman parte dunha publicación especial en redes sociais e prensa neste 2 de abril para dar voz aos máis novos.

Fotos cedidas por ASTEAVAL.

 

Back to top button