CulturaCulturaÚltima hora

A Deputación, presente no 50º “Paasfeesten Leuven Easter Festival”, en Leuven (Bélxica)

 

O grupo Castro Floxo da Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense participará na 50ª edición do Festival de Folclore de Pascua da cidade de Leuven, Bélxica, atendendo así á invitación recibida a través da sección belga de CIOFF (Confederación Internacional de Organizadores de Festivais de Folclore) para forma parte da programación do festival xunto con outros grupos procedentes de Croacia, Hungría, Italia e outros tres grupos locais, organizadores do festival.

O grupo Castro Floxo estará até o martes 7 de abril á cidade flamenca de Leuven para participar na Festa de Pascua, Paasfeestten en lingua flamenca, onde dende 1975, os grupos locais en colaboración co concello da cidade, organizan un festival de folclore e que conta coa participación de diferentes grupos internacionais.

O programa do festival inclúe espectáculos de folclore para público belga, desfiles, obradoiros de baile cos grupos de folclore organizadores e co público, recepcións no Concello e actuacións en centros sociais, converténdose nunhas xornadas de intercambio cultural a través da música e o baile tradicional do continente europeo, ademais dunha mostra de confraternidade e inmersión na cultura flamenca coas familias que acollen nas súas casas aos grupos participantes.

O festival de Leuven, que conta co recoñecemento de Festival CIOFF, recibe a máis 10.000 visitantes que durante os catro días actividades, sendo un referente na actividade cultural tanto para a cidade como para todo o país belga.

Máis información sobre o festival de Leuven, Bélxica, 2026 en: https://paasfeestenleuven.be/

Back to top button