CulturaCulturaÚltima hora

As figuras no “Entrudio” do Bolo, presentes na XVI Festa da Vitela

 

Aínda que o Entroido xa foi en febreiro, as figuras tradicionais das parroquias do concello do Bolo tamén se promocionaron durante a celebración da XVI Festa da Vitela no pavillón polideportivo do Bolo. De feito, as figuras do Touro e o Xigante de Celavente e a Mázcara de Buxán tiveron o seu espazo no recinto da feira para que todos os visitantes puideran velas e coñecer a súa historia.

 

 

Estas figuras foron recuperadas polos veciños destas parroquias e o Concello quere impulsar o seu coñecemento con este acto e outros que están preparando de cara ao futuro. Ademais dentro dos actos incluínos nesta edición da festa estaba a homenaxe aos voluntarios na extinción dos incendios de agosto e setembro e a lembranza á “Cantareira de Lentellais”,  Jacinta Fernández.

 

 

Fotos cedidas e Carlos G. Hervella.

Back to top button