O Concello de San Xoán de Río organizaba o Domingo de Resurrección, 5 de abril, a “Gran Búsqueda de Ovos de Pascua”, unha proposta na que 10 nenos e nenas participaron nunha actividade de aprendizaxe en inglés a través do xogo.
A iniciativa, desenvolvida xunto a Happiness Escuela de Idiomas, permitiu combinar diversión e formación, achegando o idioma dun xeito práctico, dinámico e adaptado ás idades participantes.

“Esta actividade enmárcase na aposta do Concello por ofrecer novas oportunidades educativas á infancia, incorporando propostas innovadoras que reforzan o acceso a competencias clave como o inglés”, tal e como indica o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez. “San Xoán de Río segue así avanzando nun modelo de dinamización local baseado en crear experiencias de calidade para as familias e os máis novos”.
Fotos cedidas.