
Novo accidente de tráfico con feridos na provincia de Ourense, desta volta no municipio da Pobra de Trives. Tal como explican dende o 112 Galicia, pasadas as 17:30 horas deste martes 7 de abril recibían a chamada dun particular informando “de que había unha persoa ferida tras unha saída de vía na estrada que vai de Trives a Manzaneda que era atendida polo persoal do 061”.
Ademais de Urxencias Sanitarias dende o 112 tamén informaban á Garda Civil de Tráfico, Protección Civil, Policía Local e GES de Castro Caldelas.