CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Viaxe cultural conxunta a Astorga do alumnado de latín dos IES Lauro Olmo, Cosme López e Carlos Casares

Alumnado do Barco, A Rúa e Viana na excursión a Astorga./ Foto cedida.

 

O mércores 8 de abril o alumnado de Latín e Cultura Clásica dos IES Carlos Casares de Viana do Bolo, Cosme López Rodriguez da Rúa e Lauro Olmo do Barco de Valdeorras participaban nunha saída conxunta á cidade de Astorga cun dobre obxectivo.

En primeiro lugar “tratábase de aprender a recoñecer o pasado romano destas terras, que xogou un papel tan importante na configuración das nosas comarcas e do que a antiga Asturica Augusta, actual Astorga, ofrece un destacado exemplo”, explican dende o IES Lauro Olmo engadindo que “desde fai tempo existía entre os organizadores o interés por establecer vínculos de traballo en común entre alumnas e alumnos de concellos moi próximos e estreitamente relacionados”, outro dos obxectivos da actividade organizada polos departamentos de latín dos tres centros, que valoran “moi positivamente a xornada” e non descartan repetir experiencias similares no futuro.

 

Back to top button