PolíticaÚltima hora

Ana Méndez fala na reunión da xestora local dun “PP forte e preparado para liderar o cambio que necesita a cidade de Ourense”

“Temos que chegar preparados para gañar, para gobernar e para recuperar Ourense. E podemos facelo porque temos equipo, temos proxecto e temos capacidade de xestión”, aseguraba a popular

 

A presidenta da Xestora Local do Partido Popular (PP) de Ourense, Ana Méndez, presidía na tarde do 13 de abril unha nova reunión da Xestora Local do Partido Popular na Cidade de Ourense e de afiliados, un encontro no que fixo balance do traballo realizado nos últimos meses e marcou a liña de traballo de cara aos próximos meses.

Durante a súa intervención, Ana Méndez trasladou unha mensaxe clara de fortaleza, destacando que o Partido Popular “está vivo e preparado para gobernar”. “O que representa esta reunión non é só un encontro de afiliados e da Xestora Local, senón a existencia dun partido que ten ganas, ilusión e que está decidido a liderar o futuro de Ourense”, engadiu. A presidenta da Xestora Local na cidade subliñou que Ourense necesita “un cambio serio, responsable, con planificación e con sentido común” e asegurou que ese cambio “só o pode liderar o Partido Popular”.

Neste sentido, puxo en valor o traballo que o partido vén desenvolvendo nos últimos meses, cunha presenza constante na rúa e ao lado da cidadanía. “Estamos ao pé do canón cada día, escoitando aos veciños, atendendo aos comerciantes e coñecendo de primeira man os problemas reais da cidade. Porque mentres outros improvisan, nós traballamos. Mentres outros crean problemas, nós buscamos solucións. E mentres outros viven da propaganda, nós estamos na rúa, ao lado da xente”, sinalou a popular.

 

 

Ana Méndez incidiu tamén na necesidade de dar un paso máis na acción política do partido, tendo xa a vista posta nas eleccións municipais de 2027. “Temos que chegar preparados para gañar, para gobernar e para recuperar Ourense. E podemos facelo porque temos equipo, temos proxecto e temos capacidade de xestión”, afirmou.

Destacou tamén a importancia de seguir reforzando o proxecto político do Partido Popular en Ourense, baseado na escoita activa, no traballo constante e na capacidade de ofrecer solucións reais. “O noso compromiso é claro: seguir traballando con responsabilidade, con proximidade e con ambición para construír unha alternativa sólida que permita devolverlle a Ourense o futuro que merece”, concluíu a presidenta da Xestora Local.

 

Back to top button