
O SilFest Valdeorras presenta a programación completa da súa décima edición, “consolidando unha programación diversa e pensada para todos os públicos”, resalta a organizacióin. Ás bandas xa anunciadas súmanse agora propostas como La Gloria, Mazu e Zabriskie, xunto ao pop british de Adrian Timms (concerto Vibra Mahou do cartel) e a tradición festiva de Os Parrandas, pechando unha edición que combina estilos e formas de vivir e desfrutar a música.
Esta última quenda de confirmacións completa un cartel no que xa figuraban nomes como La Paloma, Puño Dragón, L.A., Bum Motion Club, Sr./Sr. Jingles, Morgan, Hinds, Begut ou DJ90, para redondear unha proposta musical ampla e accesible. No MiniSilFest, a incorporación de Paco Nogueiras reforza unha programación especialmente deseñada para o público infantil, consolidando o carácter interxeracional do festival.
“Pero o SilFest é moito máis que concertos. É pasear por unha contorna privilexiada, montar en kaiak polo río Sil, participar en talleres, descubrir os viños do D.Ou. Valdeorras, desfrutar dunha Mahou ben fresquiña, visitar un backstage por primeira vez ou sentarse a comer sen présas mentres os peques xogan. Un festival onde a contorna, as actividades compartidas e a calma forman parte da experiencia e converten cada xornada en algo inesquecible”, sinalan os organizadores.
Ademais, convidan ao público a aproveitar “a oportunidade de formar parte dunha edición do festival tan especial como esta: os abonos para o SilFest 2026 xa están á venda. Vén a desfrutar dun festival que, dez edicións despois, mantén intacta a súa esencia: unir música, territorio e comunidade nunha contorna única, pensado para que públicos de todas as idades poidan desfrutalo con calma e ao seu xeito”.
