ConcellosÚltima hora

Juan Bouzo, residente do centro de maiores de Castro Caldelas, celebra os seus 104 anos

 

Coa agarimosa compaña do seu fillo, residentes e traballadores da Residencia do Maior de Castro Caldelas, Juan Bouzo celebraba os seus 104 anos. Ademais neste aniversario recibía a visita do director territorial de Política Social de Ourense, da alcaldesa do Castro Caldelas e da edil de Benestar Social deste municipio, xunto coa da presidenta da Asociación de Xubilados e dos nenos e profesores do CPI.

Foi unha celebración chea de cariño, emoción e respecto, onde Juan Bouzo recibía agasallas e, por suposto, unha tarta de aniversario. “É un home cariñoso, educado, elegante e gran conversador, que se convertiu nun caldelao máis dende que chegou, e nun dos tres residentes que con 98 anos non sufríu a Covid no ano 2020 nesta residencia”, tal e como explica a rexedora da Castro Caldelas, Sara Inés Vega, que, como en anteriores cumpreanos lle dicía, “Sr. Juan, quedamos citados o ano que vén… e como sempre me contesta: e nos seguintes tamén, que así sexa”, comenta Vega.

Fotos cedidas.

Back to top button