Dobre cita na tarde deste 18 de abril nas pistas de atletismo “Luis Nogueira”, no estadio barquense de Calabagueiros. Por unha banda, a partir das 17h. comezaba a segunda xornada Xogade en Valdeorras, coa participación de atletas nas categorías alevín, benxamín e infantil.
O programa deportivo comezaba co 4×60 m de alevín mixto e co 4×50 m de benxamín mixto. A partir de aí tiñan lugar o salto de lonxitude e de altura, os lanzamentos de peso, disco e xavelina en diferentes categorías, ademais do salto de lonxitude e carreiras con diversas distancias. A derradeira proba era o lanzamento de peso.

Por outra banda, a partir das 19h. tiña lugar a III Ourense series provincial de atletismo, con probas de categorías absoluta, Sub16, Sub18, Sub20, Máster e mesmo Sub10, Sub14 e Sub12.
Fotos: Carlos G. Hervella.

