
A terceira proba do Campionato de España de Enduro disputado na fin de semana en Antas (Almería) reunía aos mellores pilotos nacionais nunha carreira esixente, con especiais moi completas, entre os que estaba o barquense Jorge Paradelo que competia en E3.
A fin de semana arrincaba co SuperTest de GRO no que Paradelo era segundo; e na xornada do sábado, completaba o podio no que Jaume Betriu era primeiro e Julio Pando segundo. A xornada do domingo disputábase cos mesmos resultados, Jorge Paradelo ratificando o 3º posto en Enduro 3.