“Debemos deter a guerra en Oriente Medio e non esquecer Gaza”. Era o lema baixo o que se celebraban do 24 ao 25 de abril concentracións en ata 180 localidades españolas, entre elas O Barco, convocadas pola Plataforma PararLaGuerra.
A praza do Concello do Barco era escenario a partir das 12h. deste acto reivindicativo pola paz, que se celebra “nun momento no que, a pesar da prórroga do alto o fogo, a situación na rexión é moi grave. Pasaron dous meses desde o comezo da guerra e a tensión e o perigo para a paz están a aumentar”.
No decurso da concentración, Enrique, un dos membros da plataforma daba lectura a un manifesto no que se chamaba a “defender o dereito internacional e traballar por unha paz xusta e duradeira en Oriente Medio, que debe incluír un cesamento do fogo permanente, o fin dos ataques en Líbano, do xenocidio en Gaza e o recoñecemento dos dereitos do pobo palestino de acordo á legalidade internacional”.
Fotos: O SIL.