Non todos os días se cumpre medio século de vida, por iso a celebración ben merece unha gran festa. Como a que neste sábado 25 de abril tiña Marcos García Martínez “Taru”, ex porteiro do CD Barco natural de Éntoma, para celebrar por todo o alto o seu 50 aniversario rodeado de amigos, moitos da xuventude, e familiares.

Na festa, organizada no Skándalo do Barco coa asistencia de preto de 60 persoas, non faltaba a boa comida, a tarta e as bromas vencelladas co fútbol (por algo é membro dunha coñecida familia de futbolistas). Tampouco a boa música, a cargo de Dj Dani Argü e Dj Karayan.

Parabens Taru!!
Fotos cedidas.