En portadaÚltima hora

Preto de 800 persoas asisten á XIX Festa do Cordeiro en Larouco

 

A Festa do Cordeiro segue á alza. Así o demostran as preto de 800 persoas que no mediodía deste sábado 25 de abril enchían o pavillón municipal de Larouco.

O programa comezaba xa pola mañá co II torneo de petanca e o paseo polo pobo que daban os Bois de Mario xunto ao gandeiro e a súa familia. E xa pasadas as dúas da tarde abríanse as portas do pavillón para dar comezo ao xantar popular, servido novamente por Mantesil, cun menú a base de entremeses, empanada, cordeiro con ensalada e patacas asadas, bica, café e chupitos.

 

 

 

Entres os asistentes a esta XIX edición da Festa do Cordeiro de Larouco, numerosas autoridades políticas, entre elas o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo Cid acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería de Medio Rural, Martín Alenparte; e numerosos alcaldes e representantes de concellos da provincia de Ourense. A cantante galega Lucía Pérez non quedou a comer (dixo que quedaba pendente) pero si anunciaba o concerto que dará o 7 de de agosto en Larouco. Xunto a ela, ante de comezar o xantar, a alcaldesa, Patricia Lamela tamén anunciaba a celebración da I edición dunha nova ruta de adegas para o día seguinte, 8 de agosto.

 

 

Coma sempre, os voluntarios de diferentes agrupacións de Protección Civil (de Larouco, Petín, Manzaneda, Trives,…) colaboraban co evento velando pola seguridade dos asistentes. A modo de decoración, unha mostra de traxes tradicionais galegos.

 

 

O apartado musical do xantar corría por conta de Ángel América e do grupo de gaitas Airiños de Caldelas, continuando a festa pola tarde co concerto presentación da xove banda valdeorresa KZ Angel’s, arredor das 19 horas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button