
Este sábado 2 de maio, celebrarase no TECOR de Viana do Bolo (OU-10.079), o XVI Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabarín “Xunta de Galicia”, puntuable para a Copa Galicia.
Trátase dunha competición organizada pola Federación Gaelga de Caza en Ourense coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Viana do Bolo, aberto para calquera federado que o solicite máis só terán dereito a clasificación os participantes que representen a Sociedades Federadas de Ourense.
O comité organizador está formado por Vicente Lameiro Alonso, presidente da Federación Galega de Caza en Ourense; Jaime González Penelas, delegado Rastro Xabarín Federación Galega de Caza; Javier Sánchez Alonso, presidente da Sociedade de Cazadores de Viana do Bolo; e José Luis García Álvarez, secretario da Federación Galega de Caza en Ourense.
A concentración dos participantes será ás 8:30 horas no Bar Emigrante; a competición comezará ás 9:30 horas; e o xantar será no Restaurante A Nosa Casa.
