CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Anxo Moure trae o seu “Carballo con botas” aos Maios do Barco

 

Entre contos que falan das árbores e do valor da natureza máis próxima, pero tamén de valores como a paz e o respecto, ía enlazando Anxo Moure o seu espectáculo infantil e familiar “O Carballo con botas”, na tarde do 1 de maio no Barco. Na súa actuación tamén botaba man do humor e, sobre todo da música, a través de cantos e pandeireitas, coas que involucraba e facía partícipes a nenos e maios. Ademais do “Carballo con botas”, non faltaba o apoio dunha singular burra tallada en madeira que, ademais de levar no seu interior libros e outros obxectos, tamén servía para que os máis cativos subisen nela.

Esta actuación, que comezaba ás 18h. na praza do Príncipe, formaba parte do programa da tradicional festa dos Maios deste ano no Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button