En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A XVI Ruta dos Fornos de Celavente (O Bolo) arranca baixo a chuvia

 

A previsión daba posibilidade de tormentas, por iso a xente xa ía provista de paraugas e chuvasqueiros. E así, baixo a chuvia que comezaba nada máis dar Juan Corzo o pregón, arrincaba a XVI Ruta dos Fornos de Celavente (O Bolo), que levará aos asistentes polos seis fornos e fontes recuperados na localidades.

 

 

 

A primeira parada, no Forno do Viduedo cos chourizos asados con pan. Para beber, viño ou auga. A seguinte parada, tamén na parte alta do pobo, o Forno dos Ortos onde haberá empanada e de novo, viño e auga. A partires de aí comeza a baixada atravesando soutos, carreiros e estradas.

 

 

A terceira parada será no Forno de Outeiro con orella e morro cocidos, pan e bebida; e de aí haberá que coller un pequeno desvío para chegar ata a Adega da Capilla á que se chega pasando por antigas viñas e soutos de castiñeiros, para degustar o doce de castañas. A seguinte parada é o Forno do Fondo con xamón asado, ademais do pan e bebidas correspondes, completándose o percorrido co Forno do Campo, con torta de roxóns e licores; e o Forno do Cima con roscón e máis licores. Neste forno, ao final da ruta, homenaxearán á xente que colaborou na extinción do incendio do pasado verán.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella e cedidas.

Back to top button