DeportesÚltima hora

Exitoso Campionato Provincial de Cans de Rastro no tecor de Viana do Bolo

 

Máis dunha vintena de cazadores de toda Galicia, participaban na mañá deste sábado 2 de maio, nun exitoso Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabarín “Xunta de Galicia”, puntuable para a Copa Galicia que se celebraba no tecor de Viana do Bolo.

 

O presidente da FGC en Ourense, Vicente Lameiro co responsable da Armería Alfer, Aníbal Fernández.

 

Segundo o programa previsto e, salvando a chuvia que ameazaba pero aguantaba ata a entrega de premios, a competición comezaba sobre as nove e media e remataba cun xantar no Restaurante A Nosa Casa, contando coa presenza do presidente do Tecor, Javi Sánchez, o alcalde de Viana Germán García-Ávila. “Compartimos o xanta, entregamos os premios cun pequeno agradecemento e cada un marchou para casa”, explica o presidente da Federación Galega de Caza en Ourense e membro do comité organizador, Vicente Lameiro Alonso.

 

 

Con respecto á clasificación, a dos provinciales quedaba así:
🥇 José Couto con Cañón
🥈José Luis Mera con Zar
🥉Saleta Souto con Alma
🏅Miguel Ángel con Lor
🏅Aníbal Fdez con Pipo
🏅Samuel Toledo con Yamal
🏅Amaro González con Pato

E a xeral así:
🥇Antonio Sánchez con Chico (234 ptos)
🥈Salvador Sestelo con Covi (209 ptos)
🥉Salvador Sestelo con Sol (209 ptos)
🏅Julio Ferradas con Copi (199 ptos)
🏅Luciano Lago con Rodolfo (198 ptos)
🏅Michael Otero con Diva (189,5 ptos)
🏅Daniel Souto con Horus (183 ptos)
🏅Joaquín Villamil con Rubia (181 ptos)

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button