OurenseÚltima hora

Unha persoa é evacuada en helicóptero tras unha saída de vía en Xunqueira de Espadanedo

 

Esta tarde, arredor das 18:30h., producíase un accidente de tráfico no quilómetro 21 da OU-536, no municipio de Xunqueira de Espadanedo. Un coche saíase da vía e caída por un terraplén, segundo informa o 112 Galicia.

Ata o punto do sinistro acudía o helicóptero medicalizado con base en Ourense das urxencias sanitarias, mediante o cal foi trasladado o ferido. Tamén acudiron ata o punto o GES de Maceda, a Garda Civil de Tráfico e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xunqueira de Espadanedo, tal e como indica o 112 Galicia.

Back to top button