OurenseÚltima hora

Darío López, presidente da COAT Ourense, na Comisión Executiva do Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España

Darío López, 1º por la izquierda, con la nueva Comisión Ejecutiva del CGATE./ Cedida.

 

O presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense (COAT Ourense) e membro da Xunta de Gobierno do Consello Galego da Arquitectura Técnica, Darío López Fernández, incorpórase á Comisión Executiva do Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España (CGATE), o órgano que coordina, representa e exerce como portavoz da profesión e os profesionais da Arquitectura Técnica en España.

O nomeamento representa “un recoñecemento á traxectoria profesional e ao traballo desenvolvido por López Fernández a cargo do COAT Ourense, así como ao papel activo que este Colexio profesional desempeña na defensa dos intereses da profesión, nos debates públicos sobre o sector da construción e nos retos estratéxicos da profesión”, din dende esta entidade colexial. Darío López Fernández destaca, tras tomar posesión como membro da Comisión Executiva do CGATE, que a súa nova responsabilidade permitiralle “reforzar o seu compromiso coa profesión, apostar por impulsar a edificación sostible e abordar os retos estratéxicos e de futuro do noso sector”.

Desde o COAT Ourense e desde o Consello Galego da Arquitectura Técnica, onde están representados os 4 colexios provinciais desta profesión, destacan que a designación “reforza a presenza de Galicia en xeral e de Ourense en particular nos órganos de decisión nacionais, á vez que permitirá contribuír de forma directa á definición das liñas de actuación do sector da construción en ámbitos como a edificación, rehabilitación, sustentabilidade e seguridade”.

O Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España agrupa a 55 colexios profesionais de toda España e actúa como interlocutor ante as administracións públicas, institucións e axentes do sector, enfocado na calidade de vida das persoas e a sustentabilidade edificatoria. O CGATE, alén das relacións con Administracións e institucións españolas, encárgase dos contactos institucionais con ministerios, comunidades autónomas e Administración europea. A nova Comisión Executiva do CGATE, renovada hai uns días para os próximos catro anos. Este é o seu terceiro mandato. O equipo, enfocado na sustentabilidade e retos do sector, complétano, alén de Darío López Fernández; Cristina Bordera, Melchor Izquierdo, Leonor Muñoz, F. Xavier Llorens e Nagore Azuabarrena.

Darío López Fernández é titulado pola Escola de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña e exerce desde hai máis de 25 anos como Técnico de Urbanismo no Concello de Ourense, con inicio na profesión en 1996 na empresa privada da construción e na profesión liberal. Durante os últimos 20 anos ocupou diversos cargos no Colexio Oficial dá Arquitectura Técnica de Ourense. En 2020 asumiu a presidencia deste ente colexial con sede na cidade de Ourense.

Back to top button