
Contra ás 11:30h. deste luns 11 de maio producíase un accidente de tráfico na estrada que une as localidades de Manzaneda e Langullo, ambas no municipio de Manzaneda. Un vehículo saíase da vía, resultando feridos os seus dous ocupantes. “Unha delas permanecía inconsciente no momento do aviso. Os servizos de emerxencias trasladáronse rapidamente ao punto e asistiron aos implicados, que foron finalmente trasladados ao hospital ourensán”, tal e como informa o 112 Galicia.
Ambas persoas eran evacuadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, unha delas a bordo dun helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Neste operativo participaron voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e a Garda Civil de Tráfico.