OurenseÚltima hora

O subdelegado do Goberno reúnese co presidente da Confederación Empresarial de Ourense

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, reuniuse hoxe con novo presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), David Martínez, a quen felicitou polo seu cargo.

No encontro, no que tamén participou o secretario xeral da CEO, Jaime Pereira, Eladio Santos escoitou as preocupacións e demandas da CEO e tende a man a unha “absoluta colaboración” para traballar pola mellora da competitividade da provincia de Ourense.

Neste sentido, abordaron o estado das infraestruturas, elemento clave para a CEO. En concreto, o subdelegado trasladoulles que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible mobilizou 9 millóns de euros para arranxar as estradas da Rede Estatal na provincia tras o impacto das borrascas e que acaba de adxudicar por 17 millóns de euros a rehabilitación do firme da autovía A-52 entre A Gudiña e Cualedro. “O Goberno de España é a Administración que máis inviste en Ourense”, remarcou o subdelegado.

Back to top button