
No marco das festas no barrio ponferradino de Flores del Sil, na tarde do 10 de maio celebrábase no Centro Cívico o III Certame da Canción Popular organizada pola Ronda Amigos del Bierzo, coa actuación de seis agrupacións entre as que estaba o Coro Santa Rita do Barco de Valdeorras.
Esta foi unha das citas musicais do mes para o coro barquense que actuará en dúas comuñóns en Valdeorras. Unha en Arcos o 31 de maio e outra en Vilamartín de Valdeorras o domingo 7 de xuño, ambas ás 13 horas.