CulturaCulturaÚltima hora

Fallado do XIV Concurso de Microrrelatos do Concello de Parada de Sil

O alcalde de Parada de Sil. Aquilino Domínguez./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A XIV edición do Concurso de Microrrelatos que convoca o Concello de Parada de Sil batía o record, chegando o tope regulado nas bases de mil participantes. O alcalde Aquilino Domínguez quere agradecer publicamente ó xurado composto polos tres profesores, Antonio Carreño, Arturo Fernández e Delfín Caseiro o seu traballo unha vez máis a prol do concello de Parda de Sil, traballo feito de xeito totalmente desinteresado.

A dicir do xurado a calidade dos microrrrelatos foi excelente e ao final os premios outorgáronse por unanimidade, saltando a sorpresa ao abrir a plica que o primeiro premio en Galego foi para o microrrelato titulado “Acta de Desaparición” do Autor Manuel Alejandro Rodríguez Acosta con domicilio en Sevilla que recibirá 1.000 euros no acto de entrega do día 16, o próximo sábado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas no concello.

O primeiro premio en castelán foi para a canaria Particia Sánchez Ramos co microrrelato titulado “La partitura de las mareas”, tamén dotado con 1.000 euros. Os outros premios recaeron en microrrelatos en castelán sendo o segundo dotado con 500 euros para “El eco de los pétalos secos” de Carmen Apolonia Jiménez Quero de Córdoba e o terceiro o arxentino Matías Leonardo Thano de Ciudad Autónoma de Bos Aires con 300 euros.

Unha vez máis participaron todas as comunidades autónomas sendo a maioritaria Madrid e moitos países de América Latina , como Arxentina con 89, México 37 ou Colombia 27. Tamén participan seis países europeos dos que Reino Unido e Italia aportan cinco microrrelatos cada un..Como anécdota sinalar que hai un microrrelato de Kazajistan.

O alcalde amosa a súa satisfacción porque o concurso cumpre os dous obxectivos para o que é convocado, a creación literaria e dar a coñecer a Ribeira Sacra e Parada de Sil, que agardamos que na votación que terá lugar en Corea academos a distinción de Patrimonio da Humanidade.

Back to top button