ConcellosÚltima hora

Mobilizados os servizos de emerxencia pola indisposición dunha persoa no Barco

 

Arredor das dúas e media da tarde deste tarde de 13 de maio, o aviso por unha persoa que sufría unha indisposición na rúa da Estación do Barcom mobilizaba aos servizos de emerxencias. Ata o lugar desprazábanse de inmediato dúas ambulancias de Urxencias-061 e tamén a Policía Local, que procedía a cortar durante uns minutos o tramo desa céntrica rúa que remata xunto ao Teatro Lauro Olmo.

Pouco despois, chegaba unha terceira ambulancia ata o lugar para atender á persoa, que, despois, foi trasladada ao hospital.

 

Back to top button