Unha semana despois de que un grupo de alumnos e docentes da Escola Dr. Francisco Sanches de Braga visitase O Barco e mantivese un intercambio co CEIP Otero Pedrayo de Viloira, este centro devolvíalle a visita.
Así, profesorado e escolares do colexio de Viloira, acompañados pola tenente de alcalde do Barco, Margarida Pizcueta, e da técnica de Turismo, Diana Ramos, viaxaban días 13 e 14 de maio Braga. Na súa estadía, ademais de participar nunha visita guiada por esta cidade portuguesa e de visitar a súa Cámara Municipal, tamén acudían ao Bom Jesus e coñecían unha granxa pedagóxica.
En todo este percorrido estaban acompañados polos estudantes da Escola Dr. Francisco Sanches. Esta actividade enmárcase na quinta edición dos Encontros Escolares do Eixo Atlántico.
Fotos: CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco).
