OurenseÚltima hora

Fervor pola Virxe de Fátima, tamén na cidade de Ourense

 

A procesión dos fachos celebrada na noite do 13 de maio era o acto culminante na celebración da festividade da Virxe de Fátima en Ourense.

 

 

Un ano máis os fieis do barrio do Couto e do resto da cidade envorcáronse coa gran procesión da imaxe, que saíu do seu santuario da rúa Ervedelo nunha carroza repleta de flores e acompañada de centos de cirios. Unha tradición de suma case oito décadas de fervor relixioso na cidade.

 

 

O bispo de Ourense, Leonardo Lemos, acompañaba a comitiva e presidiu a misa na catedral. Tamén asistían o presidente da Deputación, Luis Menor e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, entre outros.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button