ConcellosO BarcoÚltima hora

Unha andaina polo Camiño de Inverno no Barco, entre os actos da Primavera das Portas Abertas en Valdeorras

 

Unha ducia de persoas participaban na andaina “Temos un Camiño: décimo aniversario da oficialización do Camiño de Inverno”, que se iniciaba pasadas as 10:30h. da mañá do 16 de maio xunto á Cooperativa Jesús Nazareno-Vinos Barco, nesta vila.

Tras visitar as instalacións desta adega, todo un referente dentro da D.O. Valdeorras, os participantes seguían a ruta do Camiño de Inverno que pasa, entre outros puntos, pola zona vella da vila e tamén polo Paseo do Malecón, continuando por outros puntos do municipio. No percorrido realizábanse diferentes paradas explicativas.

Back to top button